O galego, “a importante chave que temos”

O Manifesto Correlingua 2013 chega da man dos “Golgorotos” de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte.

O xurado subliña a grande calidade xeral dos traballos presentados e escolle o texto presentado polo alumnado de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte, en concreto do grupo que concursou baixo o nome de “Os Golgorotos”. O segundo premio foi para 4º da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda que se presentaron baixo o pseudónimo Esmorga.

MANIFESTO CORRELINGUA 2013
Os Golgorotos
4º da ESO A e B do IES A Pinguela de Monforte.
A miña lingua é segura,
O falar non ten cancelas
Unha casa  sempre  aberta
Que todos debemos protexer.
A miña lingua  é  miña nai
É honroso ter unha lingua
Fermosa, digna, que abre portas
Que non ten chaves, que nada pecha,
Ela mesma é a chave do mundo.
A miña fala é o máis importante,
Debo honrala cando a uso
Sentirme orgulloso de tela
Por ser o meu carné de identidade.
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.

(…)

O texto completo na web do Correlingua

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*