Merendas no Aquarium

Merendas no AquariumTodos os sábados no museo coruñés deica finais de xuño.

NOTA: Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando ao teléfono 981 189 842

As Merendas están dedicadas neste último tramo do curso á realización de receitas de cociña con peixe recomendado pola campaña europea “Elixe o peixe correcto”, liderada en España polo Aquarium Finisterrae. Da man de cociñeiras especializadas en actividades educativas, os participantes realizarán unha pizza de xarda. Prepararán a masa, engadirán ingredientes frescos, enfornarana e despois farán unha degustación. E finalizarán, como é habitual nesta actividade, coa merenda de chocolate con churros.

As Merendas no Aquarium están pensadas para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, e celébranse todos os sábados do curso escolar ás 17:00 horas.

Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando ao teléfono 981 189 842. Cada neno debe aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibe un convite para merendar. Ademais, pode invitar a un adulto, que ten entrada gratuíta ao acuario.

A actividade é completamente gratuíta para os nenos socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para os titulares da Tarxeta Vinte.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*