Bandada

A obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Un día, as aves pousaron a súa mirada máis alá das ramas e das follas e imaxinaron unha vida distinta. Así comezou unha nova era. Explicáronlles ás súas crías o porqué e o como de todo o que as rodeaba…

Metáfora sobre a historia da humanidade: as aves representan as ambicións das persoas; as boas intencións que se tornan perversas. Aínda que un fulgor de esperanza resplandece no horizonte…

Bandada” foi a obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado entre os 256 traballos que optaron ao certame, procedentes de 19 países. O relato, a base de frases breves e sutís, propón unha profunda reflexión sobre a historia da humanidade: o desenvolvemento dunha sociedade que inicialmente busca o coñecemento, o progreso técnico e científico, o benestar e un bo porvir, pero que nese tránsito perverte os seus principios, xera violencia e dominación dos fortes sobre os débiles.

Bandada é obra dos mexicanos David Daniel Álvarez Hernández e María Julia Díaz Garrido.

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*