VIII Feira Matemática

feira_matematicaO recinto de Palexco na Coruña será sede o 26 de abril deste evento organizado pola Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas.

Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e, xa polo quinto ano, os de Agapema da Zona de A Coruña, aproveitan para celebrar a súa Feira Matemática nas proximidades desa data. Neste 2014 a feira chega á súa oitava edición.

Velaquí o programa da Feira (Sábado 26 de abril):

11:00 Apertura e inauguración da feira a cargo das autoridades:
Sr. D. Francisco J. Mourelo Barreiro
Concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude da Coruña.
Sr. D. Ricardo Cao Abad
Vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC.

11:30 Foto tradicional de todos os participantes na
Feira Matemática. Hall Proa.

11:45 Obradoiro de Papiroflexia.
Roberto Santomé Varela.

12:00 E ti como empezas o día?
Traballo gañador (2º ciclo da ESO) no III Concurso Incubadora
de Sondaxes e Experimentos convocado por SGAPEIO.
Alumnos do IES A Xunqueira I (Pontevedra). Sala Azimut.

12:15 Sudoku Corredor de babor.

12:30 Exhibición de Cubo de Rubik Hall Proa.

13:00 Conferencia: “ Un río, camiños e segredos”.
Dna. Mª José Souto Salorio.
Dep. de Computación da Facultade de Informática.
Sala Azimut.

13:30 Sudoku Corredor de babor.

*****

16:00 Sudoku Corredor de babor.

17:00 Exhibición de Cubo de Rubik Hall Proa.

17:30 Sudoku Corredor de babor.

18:00 Presentación:
Matmonólogos participantes no certame.
Esopías finalistas no concurso. Sala Azimut.

18:45 + Resolución do VIII Concurso de Fotografía Matemática.
+ Resolución do VI Certame de Matmonólogos.
+ Resolución do II Concurso de Esopías.

19:00 Entrega de premios e Clausura da Feira

Ademais do concurso de Fotografía Matemática desta volta haberá tamén un concurso de ESOPÍAS e outro de MATMONÓLOGOS, coa colaboración da Fundación Barrié: http://mateblog.educabarrie.org/

A Comisión organizadora está integrada polos seguintes profesores e profesoras:

Francisco Álvarez Fontenla
Isabel Miguélez Pose (CFR A Coruña)
Manuel Pazos Crespo
Sandra Sambade Nieto (IES Monte da Vila, O Grove)
Marisol Pérez Blanco (Radio ECCA)
Gonzalo Temperán Becerra (IES de Monelos, A Coruña)
Mª Cristina Naya Riveiro (Fac.Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
Enrique de la Torre Fernández (Fac.Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*