Xa estamos en decembro. O último mes do ano. Como bole o tempo! Sabedes quen pode pasar pola vosa casa a deixar algún dos agasallos de Nadal? Facemos repaso? Pois aló imos!
Da man de Sogama, acompáñannos desta vez no Planeta Verde os Reis Magos, Papa Noel e o Apalpador. Veñen para agraderlle aos nosos amigos e amigas o moito que traballaron para facer un planeta mellor e máis limpo. E tamén para darlles algúns consellos para o vndeiro ano.
Ademais, do ecoconto, tamén temos varias imaxes para colorear: con Lucas e Antenas, un feixe de agasallos e cunha estampa da vila que nos achega un dos visitantes de Nadal, a ver se adiviñades quen.
Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), chegan á rede de balde as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial, a Familia Trebón, que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.
‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.
Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:
- Facebook – Educación Ambiental Sogama
- Twitter – Educación Ambiental Sogama
- Tuenti Educación Ambiental Sogama
- O videoxogo ‘Separa para reciclar’
[…] vencelladas á serie e outros contidos ambientais para os treitos de Primaria e Secundaria. Unha carta moi especial […]
[…] CAPÍTULO 34: Unha carta moi especial […]