Inicio » Actualidade » Conexión Audiovisual

Conexión Audiovisual

conexion_audiovisualTrátase dunha nova actividade do ‘Programa Jóvenes’ da Dirección General de Migraciones do Ministerio de Empleo y Seguridad Social do Goberno de España. Este proxecto pretende apoiar aos emprendedores audiovisuais. Vai dirixido a mozos e mozas menores de 35 anos, residentes no estranxeiro e ofrécelles a oportunidade de especializarse en xestión de produtos e proxectos audiovisuais.

Conexión Audiovisual consiste en:

  • Un curso en liña sobre emprendemento no sector audiovisual que se pode seguir desde calquera país do mundo a través de internet.
  • Foros presenciais que se desenvolverán en marzo de 2015 e celebraranse en Nova York, México DF, Montevideo e Bos Aires.
  • Premios Conexión Audiovisual. Entre todos os participantes do programa que presenten os seus proxectos escolleranse o mellor plan de empresa audiovisual e a mellor idea de produto audiovisual.
  • Conecta2, unha rede profesional onde as empresas colaboradoras e os mozos emprendedores poderán establecer sinerxias para os seus proxectos.

O programa pretende favorecer o emprego dos mozos profesionais nun sector onde a cooperación entre países xoga un papel fundamental na creación e comercialización de produtos audiovisuais. O proxecto global está coordinado pola Vigo Film Commission.

Inscricións no Curso Online a través do formulario que hai na web do 1 ao 31 de xaneiro de 2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*