Unha ducia de premios para traballos galegos no Ciencia en Acción 2017

Unha ducia de premios para traballos galegos no Ciencia en Acción 2017 Jorge Mira por partida dobre, un equipo do INIBIC da Coruña, a Fundación Pondal ou a Domus entre os gañadores.Jorge Mira por partida dobre, un equipo do INIBIC da Coruña, a Fundación Pondal ou a Domus entre os gañadores.

“A idea de suprimir a filosofía do currículo educativo e a lexislación de costas ao coñecemento científico son dúas caras da mesma moeda. O resultado dunha sociedade de tortos por opción”. Así o escriben, na revista chilena ‘Qué pasa’, José Eldestein, académico da Universidade de Santiago de Compostela, e Andrés Gomberoff académico da Facultad de Ingeniería y Ciencias, da Universidad Adolfo Ibáñez. Ambos os dous recibiron o recoñecemento do xurado Ciencia en Acción XVIII na Modalidade ‘Traballos de Divulgación Científica, Libros, Revistas e Redes Sociais’, por defender “certeiramente unha visión holística do coñecemento no que as ciencias, arte e as humanidades fomentan a creatividade, a imaxinación cando actúan en conxunto” no seu artigo ‘Tortos por opción’.

Por outra parte, na modalidade ‘Materiais Didácticos de Ciencias en Soporte non Interactivo’, o xurado concedeu o primeiro premio ao libro ‘A que altura está o ceo?’, de Jorge Mira e María Canosa, editado por Henrique Alvarellos, “por narrar a historia da loita do ser humano por entender as dimensións do universo, a través de 130 páxinas de material educativo, ben ilustrado e moi interesante”. Destacan tamén que a nivel docente “deu lugar a unha das actividades do proxecto eduMOTIVAcon da consellería de Educación, en colexios e institutos do país. O propio Jorge Mira, repite entre os premiados como parte do equipo do proxecto ‘Longitud de Onda’, emitido por RNE, que recibiu unha mención de honor na categoría ‘Traballos de Divulgación Científica, Prensa, Radio e Televisión, “por ser un programa radiofónico de música con contidos de cienca e tecnoloxía” e polo seu esforzo por “vincular pezas musicais e temas científicos”. Hai que subliñar que Mira, profesor da Universidade de Santiago e coñecido divulgador, gañou xa este premio en 200 e 2005 e foi finalista ou mención de honra outras cinco veces. En 2010, esta vizosa traxectoria valeulle por parte de Ciencia en Acción o recoñecemento cunha Medalla de Honra polo conxunto da súa traxectoria.

E desta volta, na mencionada categoría, o primeiro premio foi para o equipo do Instituto de Investigación Biomédica, con sede na Coruña, formado por Joana Cristina Silva, Daniel Castro, Elena Fernández, Eva Poveda, Cristina Rodríguez e Mariana Barrosa, polo traballo ‘De maior quero ser…científica’, “por ser un gran acerto en amosar a investigación científica como unha alternativa de futuro para nenos, nenas e mocidade” e por darlle visibilidade ás mulleres investigadoras e promover as vocacións científicas entre as nenas.

Ciencia en Acción XVIII e Adopta unha estrela

Por outro lado, temos tamén os resultados do certame destinado a alumnado non universitario coordinado por un docente. Entre os traballos premiados, que recibirán unha bolsa de viaxe para acudir á final de Ciencia en Acción e presentar os seus proxectos no evento conxunto, están as seguintes iniciativas galegas:

MODALIDADE “CIENCIA E TECNOLOXÍA”
Beatriz López Otero, “PANIC PORK: SISTEMA DE PROTECCIÓN DE CULTIVOS CONTRA os ATAQUES Do xabaril” da Fundación Pondal (A Coruña)

Santiago Vieito Covela, “DESEÑO DUN SISTEMA CON ARDUINO PARA ADMINISTRAR MEDICACIÓN A PACIENTES CRÓNICOS” do Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense)
David Ballesteros Álvarez, “ESPANTALLO 2.0”do CEO Aberto de Pontevedra.

MODALIDADE “CIENCIA, ENXEÑEIRÍA E VALORES”
Carlos Pérez Freire, “DESEÑO e ESTUDIO COMPARATIVO Da EFICIENCIA DE DISTINTOS MÉTODOS FÍSICOS DE POTABILIZACIÓN da auga” do Colexio San José Josefinas (Ourense)

MODALIDADE “FÍSICA E SOCIEDADE”
Alicia González Míguez, “REBUMBIOLAB” do Club de Ciencia da Coruña.

MODALIDADE “BIOMEDICINA E SAÚDE”
David Ballesteros Álvarez, “E TI, COMO PISAS?” do CEO Aberto de Pontevedra.
Patricia Barciela Durán, “BIOTECNOLOXÍA PARA TODOS” do Museo Domus da Coruña.
Carlos Pérez Freire, “SISTEMA DE ANÁLISE DA CALIDADE DO ACEITE USADO EN FRIXIDORAS MEDIANTE ESPECTROFOTOMETRÍA” do Colexio San José Josefinas de Ourense.

MODALIDADE “FALA DO UNIVERSO-ADOPTA UNHA ESTRELA”
Marta Rúa López, “CONTAMINACIÓN LUMÍNICA EN CAMBRE” do IES David Buján de Cambre (A Coruña).

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*