Club de Ciencia, Robótica Educativa e Semana STEM

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro para as dúas primeiras e o 15 para a terceira delas.

A creación dun ‘Club de Ciencia’ na escola pode axudar a desenvolver estratexias que promovan capacidade, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, aumentando o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía. Este tipo de clubes están baseados na aprendizaxe colaborativa, onde o alumnado propón fai as súas propias propostas e/ou os docentes suxiren indirectamente actividades.

No marco da Estratexia Galega de Educación Dixital, promóvese a creación deste tipo de clubes, que deberán desenvolverse fóra do horario lectivo en espazos habilitados do centro. Como mínimo, o Clube suma unha media de catro horas ao mes. As axudas para esta actividade chegarán a 30 centros, que se seleccionarán entre os que envíen proposta antes do 29 de setembro. Aquí a convocatoria.

Tamén na liña das convocatorias STEM, a iniciativa ‘Introdución á robótica educativa en Primaria’ seleccionará ata 120 centros públicos, para alumnado de 4º, 5º ou 6º primaria e os docentes que participen como mínimo serán dous, un como coordinador. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2017.

E por último, a ‘Semana STEM 17/18’, cuxo prazo de solicitudes remata o 15 de setembro. E na que cada centro público poderá solicitar participar con 25 de alumnos/as dun só nivel educativo 5º EP, 6º EP, 1º ESO ou 2º ESO.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*