Chega aos escenarios ‘Lúa’ , de Teatro dos Ghazafellos

Estrea en Narón o domingo 5 de novembro.

Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo da xente adulta cos ollos da infancia, nun espectáculo que trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico á relación que temos as persoas no noso mundo que nos levan a non entendernos e provocar medos e violencia.

A obra está interpretada por Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. A compañía Teatro dos Ghazafellos, nacida en Narón en 2006, estrea nesta localidade o próximo domingo 5 de novembro esta súa nova produción teatral: ‘Lúa’. Será no Auditorio Municipal de Narón, nun pase ás 18:00 horas.

O espectáculo ‘Lúa’ está dirixido a nenas e nenos de 5 anos en diante e ás súas familias.

Venda de entradas na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ( +info 981 102 897 ) Público Xeral 9,50€ / Abonad@s, Desempregad@s, Carne Xove ou de Estudante (ata 25 anos) 6.65€ / Menores de 14 anos 5.50€

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*