Enreguéifate 2018

Deica o 15 de abril está aberto o prazo para participar na II edición do certame de regueifas en vídeo.

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

Para participar hai que enviar un vídeo regueifando a través da web do proxecto. A participación é aberta e de balde, mais tede en conta que:

– Hai dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para alumnado dos centros educativos galegos non universitarios.
– A lingua empregada debe ser o galego, a temática é libre, en cada vídeo deben aparecer cando menos 2 persoas e a duración máxima é de 3 minutos.

Aquí as bases

O 2 de maio do 2018 celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, o festival Regueifesta. Esta cita constitúe un punto de encontro de escolares de todo o país arredor da improvisación oral en verso. Ademais, nela participará alumnado procedente de Euskadi para establecer unha ligazón entre a regueifa e o bertso. Neste encontro, asemade, procederase á entrega de premios da II edición do certame Enreguéifate.

Aquí un vïdeo premiado na primeira edición como ‘regueifa máis brava’ na categoría xeral do certame Enreguéifate 2017. Leva por título “Regueifa cheirenta”

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*