Fiz, a revista do neno máis porco do mundo

Fiz, a revista do neno máis porco do mundoO debuxante Kiko da Silva pon en marcha un interesante proxecto: unha revista para iniciar os nenos no cómic.

Así explica Kiko da Silva na súa bitácora o nacemento de Fiz:

“Será unha revista bimestral que sairá en quioscos, en galego en Galicia e en español para o resto de España. Un proxecto sen subvencións, outra vez. A revista chámase FIZ, a revista do neno máis porco do mundo. A idea é aproveitar o éxito do personaxe para entrar na casa dos rapaces sen ter que acudir aos personaxes das series de TV. Sei que a experiencia errada de Míster K está recente (Aínda que eu asinaría xa por poder chegar a sacar todos os números que se editaron de ela!!). Pero creo que debemos de tentar recuperar o mercado dos nenos no cómic español, que o temos descoidado, e que quizais a experiencia en quioscos de Retranca axude a atraer novos lectores aos quioscos.

Trátase de facer unha revista pensada para os nenos, politicamente incorrecta, de historietas feitas por autores españois e sobre todo tentando entreter. Cadro de persoal de luxo: Mel, Monteys, Fernando Iglesias (Kohell), Ed Carosia & Diego Arandojo, un relato de Manuel Lourenzo ilustrado por Víctor Rivas, Jali, José Domingo, Alex Fuentes & Busquet, Jorge García& Sagar e eu mesmo”

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*