Baixo as estrelas (1)

Baixo as estrelas: Día Internacional dos Museos, na CoruñaProgramación especial este sábado 14 de maio no Concello da Coruña con motivo do Día Internacional dos Museos.

Teatro, música, obradoiros, xogos, visitas guiadas… Entre as 18:00 e as 24:00 horas. Este é o programa previsto: BAIXO AS ESTRELAS 14 DE MAIO:

* BRANCAS: ITINERARIO ESCÉNICO URBANO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS:
Un equipo multidisciplinar de profesionais da danza, do mimo, da performance, do teatro, do cabaré ou do teatro de rúa crearán un espazo imaxinario en branco no medio da cidade que irá percorrendo diferentes prazas e Casas Museo. Formarán o elenco Bea Bravo, Cristina Casas Pou, Fabiana Gastaldello, Greta Mari Rodríguez, Inés Barcia, Iván Villar, María Polo, María Manero, Uxía Vázquez ou Yolanda Paz, de compañías como Femme Fatale, Contra2, A Pie Alzado, entre outras, nunha proposta coordenada por Nélson Quinteiro:
– 18:00 h. Xardíns de Méndez Núñez (25 minutos).
– 19:00 h. Praza de Pontevedra (25 minutos).
– 20:00 h. Casa Museo Emilia Pardo Bazán (25 minutos).
– 21:00 h. Casa Museo María Pita (25 minutos).
– 22:00 h. Casa Museo Casares Quiroga (25 minutos).

* UN ENCONTRO ESPECIAL COAS PERSONAXES DAS CASAS-MUSEO:
Visitas dramatizadas ás catro Casas Museo realizadas por Crearte Servizos Culturais:
CASA MUSEO PICASSO:
18:00 h. “María Picasso fai memoria”. A nai de Picasso, Dona María, simpática andaluza, lévanos de viaxe ao tempo no que a familia vivía na cidade e cóntanos as aventuras do seu fillo. Familias e público xeral.
CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN:
18:00 h. “Dona Emilia é moita Emilia”. Dramatización lúdica sobre a escritora. A Sra. Condesa convídanos a particiar da súa paixón polos contos na súa ilustre casa.
“Esa chapa é moita chapa”… Obradoiro de chapas durante toda a xornada dos museos.
20:45- 21:00 h. Audiovisual “Autobiografía” de Ana Domínguez. A proxección será en bucle durante toda a xornada.
21:00-21:50 h. Obradoiro de Tammorriata, baile tradicional do sur de Italia (Rexión de Campania). Irene Gonzalez.
22:00-22:30 h. “Cidades de Vento e de Mar”. Ruta temática sobre Xénova e A Coruña a través das imaxes, da literatura e da música. Irene Gonzalez y Rellero e Nadia Pilsinelli.
CASA MUSEO MARÍA PITA:
18:00 h. “Coñece a María Pita e axúdaa a vencer ao alférez abandeirado!”. María Pita, aguerrida coruñesa, amósanos a súa casa e convídanos a participar na emocionante persecución e loita contra os ingleses. (Familias e público xeral).
CASA MUSEO CASARES QUIROGA:
19:30 h. “I Encontro de personaxes históricos da Coruña”. María Picasso, María Pita e Dona Emilia viaxan no tempo para acudir ao convite de Casares Quiroga na súa casa. Cada un trae consigo a súa memoria da cidade e todos comparten co público divertidas vivencias. Todos os públicos.

* MÚSICA:
– 19:00 h. Concerto do grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña. Xardíns de Méndez Núñez (Diante do Kiosco).
– 23:00 h. Concerto de Melanie Marañón e Amaia Garrido (Conservatorio Superior de Música): “Dúos do repertorio de violoncello dos séculos XVIII, XIX e XX)”. No xardín da Casa Museo Casares Quiroga.

* TEATRO:
– 19:00 h. Número de clown “Total training chair”, de Marta Iglesias Martín. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
– 19:30 h. Extracto da obra “In-comunicando”, da Compañía Mequetrefes: Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui. Na Casa Emilia Pardo Bazán (20 minutos).
– 21:00 h. Fragmento de “A noite vai como un río”, de Álvaro Cunqueiro, pola Aula de Teatro do Forum Metropolitano. Casa Museo Casares Quiroga.
– 22:45 h. Número de clown “Desclowntrol”, de Mónica Suárez e Marta Iglesias. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).

* CINEMA (en colaboración co CGAI):
De 22:00 a 24:00 h. “La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero” (Ramón Sáiz de la Hoya, 1965). Diante do Kiosco Alfonso.

(…)

Máis na web A Coruña Cultura.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*