A arte de ser muller nun mundo por compartir

Rebeca López: Cuervitos y calaveras o la increíble historia del pájaro negro y la princesa esqueletoObras de Rebeca López nos museos da Rede da Deputación de Lugo.

O proxecto “A arte de ser muller nun mundo por compartir 3.0” inaugura este venres 16 de setembro, no Pazo de Tor, ás19h a proposta da autoría de Rebeca López: “Cuervitos y calaveras o la increíble historia del pájaro negro y la princesa esqueleto”. A mostra permanecerá en exposición nos museos da Rede Museística da Deputación (Museo Etnográfico San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) unha semana.

Rebeca López López nace en Lugo en 1978. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo onde tamén cursou os seus estudos de doutoramento, fundamentais a hora de comezar a centrar o seu traballo nas personaxes dos contos de fadas clásicos, en especial, na figura de carrapuchiña vermella, e por suposto a intensificala súa interese na ilustración.

Durante varios anos realiza múltiples exposicións individuais e colectivas de pintura e escultura e diferentes colaboracións no ámbito da ilustración o deseño gráfico e tamén de complementos de moda. Actualmente continúa traballando entre o mundo das exposicións e o da ilustración.

Nesta terceira fase do proxecto “A arte de ser muller nun mundo por compartir. 3.0”, participan un conxunto de mulleres artistas apoiadas polo equipo de traballo da Rede Museística, co obxectivo de facer máis visibles as mulleres dentro do mundo da arte e achegar un gran de area máis a prol da igualdade de xéneros e do cumprimento da lexislación vixente ao respecto.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*