Teatro para cativos sábado e domingo na Fundación Autor, en Santiago.
Esta é unha fermosa historia sobre por que os merlos ao cantar semellan dicir “rei, rei”. Foi escrita por Karel Kapeck poñéndose no lugar dos desfavorecidos sociais e adaptada pola compañía Fantoches Baj. Montaxe para cativos de 3 anos ou máis que se representará en sábado (18:00 h.) e domingo (12:30 h.). Prezo: 5 euros.
Información no Facebook da Fundación Autor e compra de entradas anticipada na rede