As medicinas alternativas non son beneficiosas nos nenos… e poden resultar prexudiciais

Flickr: http://www.flickr.com/photos/agecombahia/6425100773/

Autor: José Cristóbal Buñuel Álvarez. Pediatra de atención primaria. Àrea Bàsica de Salut Girona-4 (Institut Català de la Salut)

Que son as menciñas alternativas?
Mediante o termo “medicamentos alternativos” ou “menciñas alternativas” desígnanse diversos procedementos (‘terapias’) empregados co fin de curar ás persoas e que non pertencen ao campo da medicina convencional.

Cales son estes procedementos ou terapias?
Estes procedementos son moitos, moi diversos e caracterízanse por ter pouco ou nada en común entre si. Así, baixo o termo global “medicamentos alternativos”, poden incluírse a homeopatía, a terapia craneosacral, diversos produtos de herboristería, acupuntura, hipnose, aromaterapia e osteopatía, entre outros.

 

As menciñas alternativas son eficaces?
Realizáronse múltiples estudos para determinar se estas terapias son eficaces para aliviar diversas enfermidades e padecementos de todo tipo, tanto en nenos como en adultos. Todos os estudos realizados até a data puxeron de manifesto que estas terapias non son eficaces para curar ou aliviar as enfermidades nas que son utilizadas.

Coñezo a persoas ás que estas terapias lles funcionaron ben…
Efectivamente, pode haber persoas que atopan algún efecto beneficioso para aliviar algunha doenza menor. É o denominado “efecto placebo”. Chamamos efecto placebo ao efecto psicolóxico que algúns medicamentos, desprovistos de principios activos para combater a enfermidade que padecen, dan no paciente. O efecto placebo equivale a ningún efecto curativo real.

 

Non acabo de estar convencido… Hai estudos que comparen o medicamento alternativo coa medicina convencional?
Efectivamente, eses estudos existen e están publicados en revistas biomédicas. Tomando como exemplo unha das terapias alternativas máis utilizadas, a homeopatía, sábese que os pacientes tratados con esta terapia obteñen mellorías compatibles co efecto placebo (é dicir, ningún efecto curativo real sobre a enfermidade tratada) mentres que os tratados mediante o medicamento convencional obteñen mellorías obxectivas, reais e medibles, atribuíbles ao tratamento convencional administrado.

 

Estoulle facendo algún dano ao meu fillo se lle trato un problema de saúde con medicamentos alternativos?
Como xa se comentou, o medicamento alternativo non ten ningún efecto real sobre o paciente. Se a enfermidade ou doenza tratada con estas terapias é de pouca importancia (por exemplo, cólicos do lactante, arrefriados comúns…), en xeral, podemos dicir que non lle farán dano… aínda que tampouco lle reportarán beneficio algún. Trátase, ademais, de doenzas que se solucionan co paso do tempo.
Con todo, as terapias alternativas poden ser moi prexudiciais e causar grave dano, até a morte, dependendo de cal sexa a enfermidade que se trate; cando son utilizadas para o tratamento de enfermidades graves (por exemplo, un cancro), substituíndo aos tratamentos da medicina convencional.
Ademais do xa comentado, hase de ter moi presente que existen serias dúbidas sobre a seguridade destes produtos alternativos, xa que, aínda que se poden dispensar en farmacias, non están suxeitos aos controis de seguridade esixidos aos medicamentos da medicina convencional.

 

 

 

PARA SABER MÁIS SOBRE O TEMA

 

Ugarte Libano R. La homeopatía y la AEPap. Rev Pediatr Aten Primaria. 2010;12:165-7. http://www.pap.es/files/1116-1049-pdf/165-167%20La%20homeopatia%20y%20la%20AEPap.pdf

 

Las medicinas alternativas o complementarias y su uso en los niños. http://www.evidenciasenpediatria.es/DetalleArticulo/_LLP3k9qgzIh7aNQBiadwmXQKYoOoK5vXcjOaArff2hpKnh_vDXNfIl1HaFyN0IRvyiR3Oxjp-aqj_NlOmuv4-g#info-padres

 

Medicina alternativa.

En http://es.wikipedia.org/wiki/Medicina_alternativa

 

Efecto placebo.

En http://es.wikipedia.org/wiki/Efecto_placebo

 

La medicina homeopática presenta una eficacia similar al efecto placebo en comparación con la medicina convencional.

http://www.evidenciasenpediatria.es/files/41-10580-RUTA/La%20medicina%20homeop%C3%A1tica%20presenta%20una%20eficacia%20sim.PDF

 

No existen pruebas que demuestren que las terapias complementarias o alternativas ayuden en diversas enfermedades pediátricas http://www.evidenciasenpediatria.es/DetalleArticulo/_LLP3k9qgzIh7aNQBiadwmXQKYoOoK5vXcjOaArff2hpKnh_vDXNfIl1HaFyN0IRvyiR3Oxjp-aqj_NlOmuv4-g#articulo-completo

 

 

Artigo cortesía da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*