Ler para ver

Avance do programa das IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Días 9 e 10 de novembro de 2012.

Co lema Ler para ver vanse celebrar a comezos de novembro estas xornadas arredor da necesidade de “educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación, dos medios polos que se transmite información na sociedade actual, máis aló de soportes ou xéneros discursivos”.

O programa inclúe o debate de diversas experiencias ao respecto en escolas galegas así como a intervención de varios expertos. Vaise falar de educación e prensa, radio, cómic, videoxogos, arte, audiovisuais, vídeo, cine ou animación. A conferencia inicial, Ler entre liñas e pantallas, será a cargo de Fabio Tropea, Profesor de Semiótica e de Teoría da Comunicación na UAB e na Universitat Pompeu Fabra. Está aberto o prazo para a inscrición deica o 12 de outubro.

Máis información

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*