Os gañadores galegos dos premios á innovación da Fundación Telefónica

Profesorado de Arteixo, O Milladoiro, Pontevedra, Porto do Son, Ourense e A Coruña obteñen os galardóns.

Os tres premios recoñecidos no Premio Fundación Telefónica de Innovación Educativa que viñeron para Galicia son os seguintes:

‘A viaxe de Alicia con e-Adventure: coñece a túa cidade’, elaborado por Sonia Vivero Nogueiras, Agapito Muñiz Llanos e Pilar Martínez Souto do IES de Sabón, Arteixo, A Coruña. Unha aventura gráfica onde o alumno debe conseguir que un personaxe volva á casa explorando diversos lugares e épocas.

‘Ilusionarte coas TIC’, presentado por Concepción Villar Suárez, profesora na Escola de Educación Infantil Milladoiro, en Ames. Unha bitácora que recolle todas as actividades que desenvolve o alumnado de segundo ciclo de infantil na actividade Linguaxe Audiovisual e Novas Tecnoloxías.

‘Proxéctate con nós’, presentado por Patricia Doval Rodríguez, do CEIP Manuel Sieiro de Crecente; Concepción Villar Suárez, da Escola de Infantil Milladoiro, en Ames e Ana Belén Rodríguez González, do CPR Luis Vives, de Ourense. Un proxecto que reúne a tres centros educativos co obxectivo de crear unha curta a través do traballo cooperativo. O tema elixido foi a conservación do medio ambiente, dando a coñecer o morcego como especie animal favorecedora para a conservación de ecosistemas.

‘MarinoFeQ’, proxecto do profesor Francisco Mariño Domínguez, do IES Porto do Son. Un sitio web que xunta material para a aprendizaxe de física e química cun feixe de recursos vencellados con estas materias.

Máis información sobre os premios na web da Fundación Telefónica

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*