Música Xove 2012

A convocatoria compostelá para artistas emerxentes abre as portas a grupos de toda Galicia.

Poderán participar no concurso todos aqueles grupos e solistas cunha media de idade non superior aos 35 anos e que desenvolvan a súa actividade en Galicia. Nesta edición establécense tres categorías de participación: pop-rock, metal e outras músicas, modalidade esta na que inclúen jazz, folk, hip-hop… O xurado, previa audición das maquetas seleccionará como mínimo dous participantes por modalidade que accederán á fase de actuación en directo nun concerto final.

Ao remate deste concerto farase pública a decisión do xurado. Concederanse tres primeiros premios, un por categoría, dotados con 1.000 euros cada un. Os segundo clasificados en cada modalidade recibirán 300 euros. Por votación do público asistente á final, outorgarase un premio de 250 euros. Está prevista a edición dun disco compacto cos premiados das modalidades convocadas.

O prazo de inscrición no certame estará aberto ata o 26 de novembro. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (de 9:00 a 14:00 horas en días laborables).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*