Naturnova: descubrindo o mundo que nos rodea

Na cidade de Vigo pode visitarse este centro interactivo de educación ambiental.

Naturnova é un Centro de Educación Ambiental para descubrir, de forma interactiva, como é o mundo que nos rodea e o importante que é coidalo e conservalo. A través dos seus 40 módulos distribuídos en 3 salas (O universo, O noso planeta e O ser humano e o seu medio), os cativos poden investigar sobre temas ambientais. Viaxando ao fondo da ría nun simulador submarino, vendo o sistema solar en movemento, escoitando unha treboada, sobrevoando Galicia, tocando un tornado ou movendo un tren grazas á enerxía solar…

O centro oferta visitas organizadas guiadas para escolares con diversos formatos, dende 1º ciclo de Primaria até o bacharelato.

Toda a información na web de Naturnova.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*