Certame Innovaciencia

Destinado á mocidade de entre 16 e 26 anos.

O obxectivo é estimular a mozas e mozos de entre 16 e 26 anos a enviaren as súas ideas e proxectos innovadores, individualmente ou en grupo. O proxecto está promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

As ideas poden referirse a calquera área científico-técnica e desde a perspectiva que os participantes prefiran: idea de negocio, deseño de novos procesos e produtos, proxecto científico-innovador, etc. As seleccionadas formarán parte dunha exposición e optarán a premios en cada modalidade: Bacharelato/Grao Medio FP e Universidade/Grao Superior FP.

O prazo de recepción dos traballos está aberto deica o 22 de marzode 2013. Máis información na web de Innovaciencia.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*