Plantación de árbores autóctonas en Maceda

Búscanse colaboradores para a iniciativa do 2 de marzo.

A Asociación Cultural e Deportiva VIA XVIII, en colaboración coa Asamblea Comarcal da Cruz Vermella de Maceda e o Concello de Maceda organiza para o vindeiro sábado día 2 de marzo a plantación dunha hectárea de árbores autóctonas no monte comunal de Castro de Escuadro, a pé da serra de San Mamede.

Dada a magnitude do proxecto posto que implica plantar aproximadamente unhas 1.000 plantas para conseguir repoboar unha hectárea de terreo,precisan da colaboración de toda aquelas persoas que queira ser solidaria co proxecto.

LUGAR DE REUNIÓN: Centro Social de Castro de Escuadro.
DATA:  Sábado 2 de Marzo de 2013.
HORA: 9:30 h (da mañá)

OBSERVACIÓNS:
–          Prégase que cada persoa traia da casa (se dispón dela) algunha aixada ou sacho para poder facer a plantación. Dende a organización haberá algunhas dispoñibles para quen non traia.
–          Recoméndase  traer roupa de abrigo e impermeable por se as condicións climatolóxicas non acompañan e algunha roupa para cambiarse  de volta por se chove.

Confirmar asistencia antes do venres día 1 de Marzo de 2013 no mail: info@via18.com 

Vía: Adega

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*