Transformarte: Obradoiro de creación para nenos e nenas

No Museo de Belas Artes da Coruña. Do 14 de abril ao 12 de maio.

Todos os domingos, de 11:30 a 13:30. Destinado ao treito de idades de 6 a 12 anos.
Monitor: Carlota Pérez (Bailarina e historiadora da arte) e Begoña Bah (Fotógrafa)
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña e Amigos do Museo
Lugar: Museo de Belas Artes
Prazas: 20
Prezo: 20 € (Amigos Museo 15 €)

Centrarémonos en observar e interactuar con todo o que un museo ofrece, para elaborar unha historia propia, un conto persoal. Dende o espazo ás obras: como as vemos, como nos vemos nelas, que contan de nos mesmos e doutros, como o podo contar eu?, as sensacións: píntanse, báilanse, fotografíanse, escríbense?, onde localizo o meu conto entre tantos outros expostos? …

Horario: Domingos, do 14 de abril ao 12 de maio (11:30-13:30h)

RESERVA DE PRAZA: 

Chamando ao Museo de Belas Artes, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*