San Xoán de película: Unha escola inclusiva a través do cinema

ceip-san-xoan-filgueiraO proxecto do CEIP San Xoán de Filgueira gaña o Premio Especial ‘Acción Magistral’.

“Ao longo deste curso traballamos os valores que caracterizan á filosofía do noso centro a través do cine; de longametraxes, de curtametraxes, documentais, vídeos, cine de animación… Participamos en “Nós tamén creamos”, que divertido foi facer cine coas nosas propias mans!!! Ademais fomos pequenos grandes actores e actrices, participamos na creación das nosas propias curtas, dos guións, do atrezzo… pero ante todo… quedámonos co máis importante… todo o que nos transmitiu a sétima arte… amosounos unha enorme variedade de situacións humanas donde os valores están presentes de forma constante… Aprendemos do cine e con el tratamos de acadar pequenos cambios que fan que mellore o mundo no que vivimos”. Así o explican na web do centro desde o Colexio de Ensino Infantil e Primario San Xoán de Filgueira.

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción” (FAD), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO, Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, e o BBVA convocaron a novena edición do Premio á “Acción Magistral”, co fin de resaltar a importancia do labor educativo que exerce o profesorado. Os membros de ‘Acción Magistral’ elixiron con 705 votos a candidatura “San Xoán de película: Unha escola inclusiva a través do cine” do CEIP San Xoán de Filgueira, de Ferrol, como proxecto gañador do Premio Especial do Maestr@ 2013. A Fundación de Axuda contra a Drogadicción” (FAD), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO, Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, e o BBVA convocaron esta novena edición do Premio á “Acción Magistral”, co fin de resaltar a importancia do labor educativo que exerce o profesorado.

A votación realizouse a través da web www.accionmagistral.org e nela participaron os usuarios da web, podendo outorgar un total de 6 votos cada un. O Premio especial do Maestr@, nova distinción do Premio á Acción Magistral, consta dunha dotación económica de 2.000 euros para os docentes autores do proxecto e 2.000 euros para o centro educativo onde se desenvolve.

Ademais do CEIP San Xoán de Filgueira na categoría A (aulas de Infantil e Primaria), e agora gañador a nivel estatal, na fase galega de peneira tamén resultara seleccionado na categoría B (Educación Secundaria/Bacharelato), o proxecto ‘O Eslabón. Un musical para o IES de Ames’ do IES de Ames.

Resumo do proxecto do CEIP San Xoán de Filgueira (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*