BrincaGaiás

Segunda edición deste ciclo de música, teatro e danza na Cidade da Cultura para os máis cativos.

O obxectivo da iniciativa é inculcar o gusto polas artes escénicas desde idades temperás. Humor, ritmo, sorpresas e, por riba de todo, divertimento nuns coidados espectáculos no que grandes e pequenos compartirán protagonismo.

cidade-da-cultura-3A estrea será o vindeiro 15 de febreiro no Museo Centro Gaiás cando se leve á escena a obra ‘Bon Appétit’, interpretada polos chefs Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem. Eles serán os encargados de ensinarlles a grandes e pequenos os segredos da cociña tradicional galega seguindo o clásico libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, ‘A cociña galega’.

Un espectáculo cheo de humor, explosións, pancadas, persecucións e malos entendidos que se converterán nos ingredientes perfectos para escachar coa risa. As entradas xa están á venda no Punto On da Cidade da Cultura a 5 euros, ao que hai que sumarlle os gastos de xestión no caso de adquirirse en www.servinova.com. Esta primeira sesión de BrincaGaiás conta cunha entrada familiar (catro entradas a 15 euros), que tan só se pode adquirir en venda anticipada a través do teléfono de Servinova 902 504 500.

O luns 3 de marzo a partir das 17:00 horas, todo aquel que acuda disfrazado ata o Museo Centro Gaiás poderá gozar de balde dunha tarde cos musicais ‘A nena e o grilo’ e ‘Petit Pop’. As dúas seguintes sesións de BrincaGaiás serán as obras teatrais ‘No xardín’ e ‘Á auga, pato!’.

‘No xardín’ é unha experiencia visual lúdica a través do teatro, o vídeo, as sombras e os debuxos pensada para nenos de 1 a 4 anos. A obra conta a historia dunha muller que, sentada no seu xardín, iniciara unha viaxe polo mundo das imaxes, coas que poderá xogar e plasmar emocións.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*