Festival Internacional de Títeres de Redondela

festival_titeres_redondelaDeica o 25 de maio as rúas e prazas da vila ateigadas de artistas chegados de todo o mundo.

A Asociación Xente Titiriteira organiza este evento que converte Redondela en escenario de artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias. Espectáculos de compañías profesionais de: Rusia, Portugal, Ecuador, Francia, Chile ou Italia, e Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, títeres tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, teatro de rúa e un feixe de sorpresas.

Ademais, desta volta, o colectivo armou coa colaboración de músicos locais un disco homenaxe co monicreque como nexo de unión das pezas para celebrar a décimoquinta edición do evento, no que participaron 18 formacións e máis de 100 músicos: o CD ‘Son Titiriteiro’ xa á venda. E recordámosvos que durante a fin de semana abrirá o mercadiño titiriteiro con artesanía variada á venda.

Toda a información na web do Festival
http://www.festivaltiteresredondela.com/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*