Pesos e medidas

ficha_medidas_interiorRecurso ambiental gratuíto para a área de matemáticas do segundo ciclo de Primaria.

No Caderno Verde de Sogama, os Amigos de Vilaverde visítannos de novo con outra actividade. Que pesa máis, un quilo de papel ou un quilo de latas? Aiaiai… aquí hai trampa Tomé! Brais cose unha capa para o seu disfrace. A capa medirá un metro e medio. Ten que unir anacos de 30 cm. Cantos lle cómpren? Imos facer contas cos amigos de Vilaverde.

Podes descargar o caderno de actividades aquí: Pesos e Medidas.

O Caderno Verde é un portal educativo para axudar a introducir as boas prácticas ambientais no currículo escolar. Co lema “Educación para un futuro sostible”, botou a andar durante o curso 2012/2013 impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio daConsellería de Medio Ambiente.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo, son “Os amigos de Vilaverde”, personaxes que acompañan os escolares nesta aventura de aprendizaxe ambiental na que tamén participa a coñecida Familia Trebón, protagonista da serie de videocontos do “Planeta Verde” de Sogama.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*