Velaí a versión galega do famoso ‘Happy’. Así de “ledos” están no CEIP Sárdoma-Moledo de Vigo.
A peza do músico estadounidense Pharrel Williams leva meses axitando as redes co seu pegadizo ritmo e letra. A peza, que acompaña a banda sonora do coñecido filme de animación ‘Gru, o meu vilán favorito’, foi usada por milleiros de persoas para facer o seu particular vídeo.
No CEIP Sárdoma-Moledo, en Vigo, argallaron desde o Equipo de Normalización Lingüística con nenos e nenas do centro este magnífico vídeo que adapta ao galego o famoso tema. E así de bonito lles quedou:
Moitísimas grazas por compartir o enlace!Estamos contentísimos de que disfrutedes co noso traballo