De compras

de_compras_caderno_verdeUn eco-recurso gratuíto para a área de matemáticas do segundo ciclo de Primaria.

Neste treito final do curso, velaquí un novo contido de balde no Caderno Verde de Sogama. Neste caso, os Amigos de Vilaverde protagonizan unha ficha ambiental dirixida ás aulas de matemáticas.

Tomé sempre fai lista da compra antes de ir á tenda. Así evita comprar produtos innecesarios que acaben sendo refugallo. Imos ver o que mercou e calcularemos canto lle devolven.

Brais e Aloia mercaron un libro para Mireia. Se o libro custou 19,58 e Brais puxo 7,40. Que parte puxo Aloia? Grazas, non é necesario que nolo envolvan. Temos gardado papel na casa que podemos volver a usar!

Acompañamos aos Amigos de Vilaverde ao mercado? Imos aló!

Podes descargar o caderno de actividades aquí: De compras.

O Caderno Verde é un portal educativo para axudar a introducir as boas prácticas ambientais no currículo escolar. Co lema “Educación para un futuro sostible”, botou a andar durante o curso 2012/2013 impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio daConsellería de Medio Ambiente.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo, son “Os amigos de Vilaverde”, personaxes que acompañan os escolares nesta aventura de aprendizaxe ambiental na que tamén participa a coñecida Familia Trebón, protagonista da serie de videocontos do “Planeta Verde” de Sogama.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*