Santiagolandia

santiagolandiaParque de atraccións de Nadal en Compostela. Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro.

A terceira edición de Santiagolandia, un parque de atraccións de Nadal que estará instalado do 20 de decembro ao 4 de xaneiro no recinto feiral de Amio, agarda superar os 10.000 visitantes da última edición.

O Concello de Santiago colabora un ano máis con Santiagolandia, evento impulsado por Organización Feiral Galega. A entrada terá a un custo de 5 euros, manténdose o prezo de 2013. O horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas. O parque non abrirá os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. Os días 24 e 31 de xaneiro, pechará ás 18:30 horas.

A oferta de Santiagolandia inclúe ludoteca, inchables, saltamontes, simuladores, coches de choque, minigolf, maquillaxe, globoflexia e diversos talleres, ademais doutras moitas atraccións. Nesta edición aumenta a oferta de obradoiros, ata totalizar 30 actividades. O 4 de xaneiro haberá unha chocolatada para acompañar a visita dos Reis Magos.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*