Convocada a edición 11 de Consumópolis

consumopolisO obxecto do concurso é promover a reflexión de forma consciente, crítica e solidaria, sobre distintos aspectos do consumo responsable mediante a realización das actividades que se propoñen nas dúas partes das que consta o concurso para poder optar á convocatoria autonómica aos que se refiren as bases quinta e sexta da resolución da convocatoria e a selección dos equipos que participarán na fase estatal, para cada un dos niveis de participación.

Fases do concurso:
O concurso consta dunha fase autonómica e dunha fase estatal.

Niveis de participación:
Nivel 1: Terceiro Ciclo de Educación Primaria.
Nivel 2: Primeiro e segundo cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.
Nivel 3: Terceiro e cuarto cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.

A inscrición no concurso realizarase por equipos de cinco concursantes, matriculados nalgún dos cursos do correspondente nivel de participación, coa coordinación dun docente do centro. Os docentes poderán coordinar máis dun equipo. Os concursantes só poderán inscribirse nun equipo.

Os equipos deberán ser inscritos polo docente coordinador directamente no portal de Internet de Consumópolis e tamén a través da páxina web da AECOSAN

Prazo de inscrición:
O período de inscrición dos equipos estará aberto desde o 9 de outubro ata o 18 de decembro de 2015, ambos inclusive.

Máis información na web de Consumópolis

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*