Feira Científica UDCienciaBarrié

educabarrieUDCiencia é unha feira científica organizada pola Fundación Barrié en colaboración co grupo de divulgación científica udcbigbang da Universidade da Coruña, que propón Charlas de Ciencia para centros educativos con alumnado de ESO e Bacharelato e Obradoiros científicos para os escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO.

Tamén se celebrarán obradoiros científicos para familias con nenos de 6 a 12 anos.

Coa iniciativa UDCienciaBarrié, queremos levar a ciencia a toda a sociedade e á comunidade educativa dun xeito asequible, entretido e divertido, sen esquecer o sentido crítico e o rigor científico.

Inscríbete na actividade cos teus alumnos (previa inscrición) ou visítanos en familia (SEN inscrición previa).

Dirixido a:
CHARLAS para centros educativos con alumnado de ESO e Bacharelato
OBRADOIROS para centros educativos con alumnos 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO
OBRADOIROS para Familias con nenos de 6 a 12 anos
Impartido por:
Grupo de divulgación científica udcbigbang da UDC

Xoves 26 e Venres 27 de novembro de 2015 – Programa e máis información

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*