‘Cabelos de batalla’, unha curtametraxe de premio

cabelos-de-batallaO FICBUEU recoñece cun premio o valor deste traballo elaborado no IES Barxas.

Na bitácora EduCortos, Luz Beloso, profesora de Educación Plástica no IES As Barxas de Moaña, vén relatando dende hai tempo acerca do seu traballo coa linguaxe cinematográfica no ámbito da educación plástica, na procura de xeitos de motivar o seu alumnado no uso das novas tecnoloxías á vez que experimentan con novidosas formas de expresión, en actividades que, sen dúbida, transcenden do marco no que habitualmente cinguimos esta materia e abranguen transversalmente outras áreas.

“Cabelos de batalla” é un extraordinario exemplo deste bo facer interdisciplinar e fundamentado en obxectivos e valores moi amplos. Nunha breve peza audiovisual de apenas dous minutos, o alumnado coordinado por Luz Beloso foi quen de tratar o desafío da loita contra o cancro infantil. A curtametraxe foi elaborada por alumnado de 4º da ESO: Nerea Rosales, Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e Iria Portela para o proxecto ‘Superheroes$Superheroínas’, onde Inés Padín pon voz ao poema do escritor Miguel Ángel Alonso Diz, co que a propia Luz Beloso xa ten colaborado na ilustración dos seus libros.

“Sen caer na sensablería fácil, toca un tema delicado cunha fresca factura visual (…) unha curta que emociona sen necesidade de bágoas”, apuntaban sobre a obra no blog Cinema Galego. Velaquí o magnífico traballo:

3 COMENTARIOS

  1. […] Es una tarea necesaria a realizar al inicio de curso si queremos saber de dónde parten nuestros alumnos, para programar sus programas de refuerzo, adaptaciones curricular,etc que tenemos que realizar con estos alumnos. ‘Cabelos de batalla’, unha curtametraxe de premio | Botóns. […]

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*