No Museo de Historia Natural. En Santiago de Compostela.
Co título ‘Unha estrela para a túa árbore’ o Museo de Historia Natural organiza o seu último obradoiro deste ano, no que se realizarán traballos arredor das árbores de Nadal e que contará ademais cun xogo de pistas polas salas do Museo.
Os responsables da actividade, dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos, serán os biólogos María José López Fernández e Daniel Castro Fernández. O obradoiro impartirase en dúas datas a escoller, o martes 27 de 17.00 a 19.00 horas e o venres 30 de 11.00 a 13.00 horas.
Características do obradoiro:
Responsables
María José López Fernández, doutora en Bioloxía, especialista en Zooloxía
Daniel Castro Fernández, licenciado en Bioloxía e investigador en formación da USC
Contidos
Realizaremos un xogo de pistas polas salas do Museo.
Faremos manualidades ao redor das árbores de Nadal.
Tamaño e perfil do grupo
Nenos de 4 a 12 anos.
Mínimo 20 persoas, máximo 30. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas.
Data e horario
Esta actividade repetirase nos seguintes días:
Martes 27 de 17.00h a 19.00h
Venres 30 de 11.00h a 13.00h
Prezo
3€/persoa
Ficha de inscrición
Ter cuberta a ficha de inscrición unicamente implica ter realizada a solicitude. A praza confirmarase na semana de realización do obradoiro.