Buscando a Valle

O IES Faro das Lúas agasállanos cun percorrido pola vida e a obra de Valle-Inclán.

Guiados polo alumnado, poderemos coñecer máis sobre Max Estrella, a marquesa Rosalinda, Mari Gaila ou Luces de Bohemia. Tamén podemos visitar a Casa do Cantillo, a Igrexa da Pastoriza, a Casa do Cuadrante ou a Praza do Parque, nun interesante roteiro valle-inclanesco.

O proxecto, coordinado pola biblioteca do centro e dispoñible en catro linguas (galego, castelán, inglés e francés), foi premiado no concurso de traballos por proxectos convocado pola Consellería de Educación.

Consulta aquí o recurso Buscando a Valle

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*