O IES de Brión vai para unha ducia de días de peche na reclamación en prol de máis profesorado

*Vídeo do alumnado co dramaturgo Cándido Pazó en apoio das mobilizacións

Logo de sumar 180 prazas nunha década, segue co mesmo cadro de persoal.

A semana comezou a pé do IES de Brión cunha concentración convocada polo profesorado e CIG-Ensino en apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais do centro, que cumprían este luns once días de peche sen recibiren noticias desde a Consellería de Educación.

O IES de Brión reclama tres prazas máis de persoal interino para poder ofertar un Programa de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento (PMAR) e as mesmas optativas que se viñan impartindo os últimos anos. Segundo a asociación, o conselleiro remítese á posición da inspección educativa ao respecto da negativa á ampliación do cadro docente.

O xornal Praza.gal publica unha “Carta aberta ao conselleiro de Educación” da ANPA Pedra Viada

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*