Xornada de Convivencia e Resolución de Conflitos no Ensino

Xornadas de formación do profesorado organizadas por ANPE Coruña que tratará sobre diferentes aspectos relacionados coa convivencia nos centros educativos, a resolución de conflitos, problemas de conduta e tratamento de acoso escolar.

Esta actividade de formación está homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Xunta de Galicia).

Celebrarase o sábado 24 de novembro (Mañá 9:30 a 14:00 – Tarde 16:00 a 19:30h) no hotel NH Compostela (Santiago de Compostela).

INSCRICIÓN EN LIÑA: Aberto o prazo de matrícula dende 23 de outubro ata completar as prazas.

Relatores
José Antonio Vázquez Taín. Xuíz, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito da xudicatura ten realizado a instrución de casos ben coñecidos como o do roubo e recuperación do Códice Calixtino ou o caso Asunta Basterra. Tamén destaca pola súa faceta como escritor (‘Santiago. La leyenda del Santo Oculto’, ‘Al infierno se llega deprisa’, ‘Matar no es fácil’ e ‘El mar sin fondo’). Ten unha dilatada experiencia en temas educativos como o acoso escolar, os perigos de Internet e as redes sociais entre menores e a súa protección xurídica. Na actualidade exerce como Xuíz do Penal en A Coruña.
María Isabel Barreiro Gundín. Funcionaria do corpo de mestres. Foi asesora na Consellería de Educación, etapa na que participou activamente na elaboración de ‘Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar’. Ten participado como ponente en actividades de formación para equipos directivos, anpas e profesorado en xeral sobre atención á diversidade, orientación e convivencia. Na actualidade está a traballar na elaboración de programas da Consellería para a mellora da convivencia nos centros educativos.
IES Carlos Casares (Viana do Bolo – Ourense). Centro pioneiro en Galicia no tratamento e posta en práctica de numerosos proxectos relacionados coa convivencia e a mediación nas aulas. Ás súas primeiras experiencias neste ámbito remóntase ao ano 2002 e durante todo este tempo ten recibido numerosos recoñecementos ao seu labor tales como o Premio nacional de buenas prácticas y convivencia (2006), Premio nacional de educación para el desarrollo Vicente Ferrer (2009), finalista do Premio a la Acción Magistral (2012) ou centro galardonado coa Placa universal de la paz y la no violencia, unha distinción a nivel mundial outorgada pola Fundación Humanizar la Tierra e a Fundación internacional Mundo sin Guerra y sin Violencia (2018).
Julio Díaz Escolante. Funcionario de corpo de Mestres. Presidente de ANPE Galicia.
Julio César Trashorras de la Fuente. Funcionario do corpo de Profesores de Ensino Secundario. Vicepresidente de ANPE Galicia. Defensor do Profesor na nosa comunidade.
Rosa Mª Urbano Rey. Funcionaria do corpo de Mestres. Presidenta de  ANPE Coruña.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*