Actividades didácticas da exposición “Trazos mestres: debuxos holandeses e flamencos do Victoria and Albert Museum”

Rembrandt van Rijn, Peter Paul Rubens, Sir Anthony van Dyck e Brueghel o Vello son algúns dos nomes que forman parte da exposición “Trazos mestres: debuxos holandeses e flamencos do Victoria and Albert Museum” e que a Fundación Barrié acolle na súa sede da Coruña a partir do 1 de marzo. A mostra, comisariada por Louise Cooling, anterior comisaria adxunta do V&A, está composta por 90 obras dos séculos XVI ata o XIX pertencentes á colección de debuxos holandeses e flamencos da Idade de Ouro do Victoria and Albert Museum, unha das máis destacadas e extensas do Reino Unido. Tras a súa presentación en Londres e o seu paso polos Estados Unidos, a presentación na Fundación Barrié é a primeira en Europa, fóra do museo británico.

A exposición coincide coa conmemoración do 350 aniversario do pasamento de Rembrandt e o 450 aniversario do pasamento de Pieter Brueghel o Vello en 2019. Divídese en 5 grandes apartados, ofrecendo deste xeito un percorrido por un período de extraordinaria produción artística: Pre-Idade de Ouro; Relixión e Mitoloxía; Persoas; Paisaxes e Pos-Idade de Ouro. Obras de referentes ineludibles na historia da arte estarán acompañadas de ricas coleccións de outros artistas de menor sona da Idade de Ouro, tales como Hans Bol e Jacob Jordaens, mais que demostran a diversidade e duradeira excelencia artística e técnica dos artistas neerlandeses do XVII.

A mostra inclúe retratos, estudos de figuras, escenas de xénero, paisaxes e estudos botánicos, ademais de deseños de vidreiras, tapices e gravados. Agruparanse os debuxos temática e cronoloxicamente para demostrar tanto os contrastes como as semellanzas entre os estilos artísticos e as prácticas dos artistas que traballaban no norte e no sur dos Países Baixos no devandito período.

Actividades didácticas

Para centros de ensino
Obradoiros didácticos dirixidos a educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos
Grupos: mínimo 25 / máximo 60 participantes
Horario: dende martes ata venres ás 11h, 12.30h, e 17h
Duración: 90 minutos

Para grupos de diversidad funcional
Obradoiros didácticos dirixidos a grupos de diversidade funcional de todas as idades
Grupos: mínimo 10 / máximo 60 participantes
Horario: dende martes ata venres ás 11h, 12.30h e 17h
Duración: 90 minutos

Visitas comentadas para adultos
Visitas comentadas dirixidas a calquera colectivo de adultos
Grupos: mínimo 25 / máximo 60 participantes
Horario: dende martes ata venres ás 18h e 19h
Duración: 1 hora

Para familias
Obradoiros didácticos dirixidos a nenos e nenas a partir de 4 anos con polo menos un adulto acompañante
Grupos: mínimo 25 / máximo 60 participantes
Horario: Sábados 11h, 12.30h e 17h
Duración: 90 minutos

Toda a información
http://www.fundacionbarrie.org/didactica-trazos-maestros

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*