O programa A Ponte inicia o curso cunha xuntanza con equipos directivos e orientadores de centros de secundaria e bacharelato

O programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC iniciou o novo curso académico cunha reunión con equipos directivos e orientadores de centros de secundaria e bacharelato de toda Galicia que presidiu o reitor Antonio López e na que tamén participou o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo. A sesión celebrouse a finais de setembro no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e nela tamén participaron a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o delegado do reitor para Asuntos de Ensino Medio, Celso Rodríguez Fernández; e a profesora de Economía, Socioloxía e Política Agraria, Ana I. García Arias.

Ante unha representación de preto dun cento de centros de toda Galicia Celso Rodríguez presentou as actividades do programa A Ponte para o curso 19/20, entre as que se atopan as visitan aos distintos centros, charlas temáticas, cursos de formación para orientadores ou o programa ‘ Encontros na Zona USC’. Outra das actividades que a USC celebrará un ano máis atópase o acto de recoñecemento aos mellores expedientes, as charlas para ANPAS e público xeral sobre a oferta docentes e actividades universitarias, os Campus de Verán e información xeral sobre as probas de acceso á Universidade.

A xornada continuou coa intervención de Ana I. García Arias quen presentou un relatorio centrado no Campus de Lugo co lema ‘As titulacións e a sustentabilidade como visión de futuro’, que precedeu a unha rolda aberta de intervencións para solucionar as dúbidas e propostas dos distintos centros representados.

Máis información
http://www.usc.es/campusterra/gl/ponte-co-ensino-medio

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*