Manifesto “Dereitos, non parches”


Este manifesto foi lido polo colectivo de nais e pais de diferentes colexios da área da Coruña nunha concentración convocada o pasado 9 de outubro diante da delegación da Xunta na Coruña.

Porque só con persoal especialista de atención á diversidade non se logra a inclusión, pero sen el temos claro que é imposible acadala.

Porque non nos vale que se quite o que xa era insuficiente e, só se a prensa se interesa, se maquille a desfeita sen garantir unha atención educativa axeitada para todas as persoas.

Porque a administración debera ser quen protexera as persoas que polas súas circunstancias teñen máis risco de exclusión e non un inimigo ao que enfrontarse para elas.

Porque as familias imos seguir aquí estea quen estea aí: non é cuestión de partidos, é cuestión de compromiso estrutural cos dereitos educativos de todas as persoas.

Porque estamos cansas, enfadadas e fartas de que os nosos fillos e fillas sexan sempre as primeiras vítimas do aforro de recursos, como se non tivesen os mesmos dereitos, como se total xa non merecesen eses recursos desde o principio.

Porque non pode haber educación de calidade para ninguén nun sistema que ignora sistemáticamente, que invisibiliza e nega a diversidade: un sistema no que hai xente que non recibe o que precisa para aprender é un sistema que só pode ensinarlles a todas e todos un mundo pequeno e inxusto.

Por todo iso,
QUEREMOS DEREITOS, NON PARCHES!

Co apoio de: Anpa Aturuxo (CEIP Rosalía de Castro); Anpa Valle Inclán; Anpa María Casares;
Anpa Labaca; Anpa CEIP de Prácticas; Anpa As Pedreiras (CEIP San Pedro de Visma); Anpa
Ramón de la Sagra; Anpa CEIP Luis Seoane; Anpa Albor (CEIP Alborada); Anpa Mar do Orzán
(CEIP Eusebio da Guarda); Anpa Bidueiro (Ceip Isidro Parga Pondal); Anpa Milnen@s (CEIP
Emilia Pardo Bazán); Anpa CEIP Sanjurjo de Carricarte; Federación de Anpas Costa da Morte;
Coordinadora de ANPAS Abrente (As Pontes); Asoc. A Pezoca (Oleiros); ATELGA; DISMACOR;
Anpanee; AAVV Uxío Carré; ASPERGA.

Máis información e adhesións no espazo do grupo en Facebook.

COMPARTIR

1 COMENTARIO

  1. Os IES poden facer un ACI de un área, suspendela, e o curso seguiste facerlle un ACI ao mesmo curso na misma asignatura e ter a outra pendente (conta como dúas asignaturas para promoción). Ejemplo: cursa 3 ESO e ten ACI inglés de 3 de primaria pendente de segundo e un ACI en inglés de 3 de primaria dos curso actual, con calle ten dúas materias en vez de un ACI..

    Poden decidir non facer ACI en FQ de segundo de ESO por que como non TiVo nunca esa materias aínda non se dan os dous cursos de atraso académico? Yendo AVI de Matemáticas a 3 de primaria?
    Tampoco tiña en primaria tecnología, biología e xeoloxía e lla fueron.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*