“A Coruña dos coidados”

Peza teatral de monicreques montada polo alumnado do IES Eusebio da Guarda.

“A Coruña dos coidados” é un traballo realizado polo Club de Letras do alumnado do IES Eusebio da Guarda elaborado durante o curso 2020-2021, un traballo “emocionante, colaborativo, intenso e continuado”.

No blog do Club de Letras podedes ver a evolución, desde cando aínda as caixas do súper estaban sen pintar ata o final, coa obra completa e rematada.

“Agora coñecemos máis e mellor a historia da cidade, podemos mirala con outros ollos e sentir como latexa detrás dos nomes de certas rúas o corazón dun ou dunha coidadora”.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*