Videoclips de debuxos animados e cancións para apoiar o ensino de conceptos básicos en linguas estranxeiras (inglés / francés) co galego como idioma vehicular.
O proxecto da cantante, escritora, compositora e produtora Verónica Santalices, realizado ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022, está destinado ao público infantil (0-9 anos) e á comunidade educativa, e é de interese tamén para persoas estranxeiras, ao facilitar a aprendizaxe de conceptos básicos en galego.