Adelaida Vidal gaña o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

Coa obra presentada baixo o lema e título ‘E que vai ser?’.

Reunido o 31 de maio de 2023, na cidade de Santiago de Compostela, o xurado do IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, acordou por unanimidade concederlle o premio á obra presentada baixo o lema e título E que vai ser?, polos seguintes motivos:

• E que vai ser? é unha historia divertida, contada en verso, que posibilita o diálogo entre a familia e as crianzas nas primeiras idades.
• Empregando maxistralmente a linguaxe inclusiva e facendo un hábil uso do humor e a retranca, esta obra fainos reflexionar sobre os estereotipos de xénero que proxectamos nas e nos bebés desde o momento da concepción.
• Cun final inesperado, E que vai ser? mantennos ao longo das súas páxinas un sorriso cómplice e esperanzado que nos fai repensar como nos enfrontamos aos estereotipos antes mesmo de nacer e lembra que somos persoas e non tanto xéneros.

Aberta a pica, resultou ser obra de Adelaida Vidal Vizcaya.

O xurado estivo constituído por: Montse Pena Presas, Patricia Porto Paderne, Pilar Sampedro Martínez, Xosé Manuel Lobato e Belén López Vázquez.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*