Certame de Cinema Internacional Escolar nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade.
Poderán participar centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan materias en lingua galega, sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsable do proxecto.
Haberá premios para as dúas categorías establecidas: infantil e primaria, por unha banda, e outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son), por outra.
A inscrición deberá formalizarse antes do 10 de xullo de 2023.