Escolares galegos participarán neste proxecto que incluirá o aeródromo de Lavacolla.
Alumnado de centros escolares terá a oportunidade de participar no programa Aeroportos Verdes, deseñado coa fin de sensibilizar o alumnado coa importancia destas instalacións como infraestruturas sostibles.
A iniciativa está impulsada pola Fundación AENA e promoverá obradoiros e visitas guiadas. Os rapaces poderán realizar un traballo con propostas para reducir o impacto ambiental e participar na construción de avións con pezas Lego e programas informáticos especiais deseñados para o proxecto. Aeroportos Verdes comezou a funcionar en Cataluña, no aeroporto do Prat, e chegará proximamente a Santiago de Compostela.