Os pediatras advirten contra a “febre-fobia”

non abusar dos medicamentos durante os períodos de febre dos cativos“O máis importante é que o neno non sufra malestar”, expón un recente informe pediátrico, recomendando non abusar dos medicamentos durante os períodos de febre dos cativos.

“A febre non é unha enfermidade, senón un mecanismo fisiolóxico que ten efectos beneficiosos para o combate das infeccións”. Deste xeito o recolle un recente informe da prestixiosa Asociación Americana de Pediatría, publicado na revista Pediatrics. Deste xeito, subliñan a intervención da febre na loita contra enfermidade e o freo á reprodución de bacterias e virus, estimulando a resposta inmune do organismo. “Un beneficio da febre que podería acortar a duración da enfermidade”, apuntan os pediatras ao respecto da febre.

Nesa liña, o estudo recomenda aos pais non obsesionarse coa aparición da febre e concentrarse no benestar do menor, atendendo os seus estados de malestar, abatemento e perda de apetito. A asociación publicou unha serie de pautas para o tratamento da febre con fármacos, estudando por exemplo a actuación do acetaminofeno (Tylenol) e ibuprofeno (Motrin e Advil) e sinalan por exemplo o perigo para o fígado sdo Tylenol se non se usa a dose correcta ou os riscos da aspirina. Por motivos como este, chaman a seguir sempre as indicacións dos pediatras.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*