Feira de época e exaltación de produtos típicos, en Vilatuxe

Ferreiros, zoqueiros, cesteiros… Esta parroquia do Deza prepara convocatoria chea de lembranzas históricas para o mes de maio.

A Asociación de Veciños de Vilatuxe, en Lalín, prepara para o próximo 8 de maio unha feira de época, ambientada nos anos 70, onde haberá artesáns como os daquela máis habituais nestes eventos: canteiros, zoqueiros, cesteiros, etc. Participarán tamén dúas asociacións cabalares, que levarán cabalos, e un experto en ferrar cabalos fará mostra desta tarefa. Coches de época a cargo da escudaría do Toxo, venda de produtos típicos: mel, millo, pementos, grelos… Pulpeiras, filloeiras, rosquilleiras, mercado de animais… Os promotores animan tamén a vestirse da época para visitar o lugar. Extinguida hai corenta anos, volve así resucitar a coñecida como A Feira dos Carballiños.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*