Programas de actividades escolares nos museos da Rede da Deputación de Lugo

Programas de actividades escolares nos museos da Rede da Deputación de LugoSafari no Museo, A Muralla dos nenos, Viaxe polo Lugo romano… Un feixe de ideas para chegar o patrimonio histórico-artístico á poboación escolar.

O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, deron a coñecer os programas de cada un dos catro museos (Museo Provincial do Mar, Museo Pazo de Tor, Museo Etnográfico de San Paio de Narla e Museo Provincial de Lugo) integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo.

O Museo Provincial de Lugo pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso 2011-2012, co obxectivo de achegar o patrimonio histórico-artístico á poboación escolar, sempre dunha maneira lúdica e atractiva, sen desatender os contidos educativos.

Velaquí exemplo de actividades trimestrais:

ACTIVIDADES TRIMESTRAIS
SAFARI NO MUSEO
Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos, etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos correspondentes aos animais avistados durante o safari.
Nivel educativo: 1º e 2º de Educación primaria
Recursos materiais: Pano de explorador e postais cos debuxos dos animais
Recursos didácticos: Caderno do alumnado
Espazo: Percorrido por diferentes salas do Museo
Temporización: De 60 a 70 minutos.
Calendario: De outubro de 2011 a marzo de 2012

A MURALLA DOS NENOS
Metodoloxía: A partir dun crebacabezas da Muralla, (que nos servirá de escenario para coñecer a cidade de Lucus Augusti), e a través de obxectos expostos no Museo, coñeceremos os seus costumes, a súa forma de vida, a súa relixión…
Nivel educativo: 2º, 3º e 4º de Educación Primaria
Recursos materiais: Recortables e reprodución dun crebacabezas da Muralla
Espazo: Claustro, Claustro Alto e Sala dos Mosaicos (parte práctica)
Temporización: De 70 a 80 minutos
Calendario: De outubro de 2011 a marzo de 2012

A ARTE DO VESTIDO
Metodoloxía: Con esta actividade pretendemos que o alumnado se decate de que cada época tivo unha forma diferente de vestirse e que o vestido de cada período é unha parte importante da historia.
Nivel educativo: 4º e 5º de Educación Primaria
Recursos materiais: Maletíns para nenos e nenas cos recortables dos vestidos.
Recursos didácticos: Caderno do alumnado
Espazo: Percorrido por diferentes salas do Museo
Temporización:De 70 a 80 minutos
Calendario: De outubro a decembro de 2011

VIAXE POLO LUGO ROMANO
Metodoloxía: Desde a historia do imperio ata a do Lugo romano. Viaxe que nos axuda a entender de onde vimos a través dos fondos do museo.
Nivel educativo: 4º, 5º e 6º de Educación Primaria
Recursos materiais: Caderno do profesor e caderno do alumnado
Espazo: Claustro, Sala Mosaicos e Sala de Prehistoria e Arqueoloxía (Lugo Romano)
Temporización: De 70 a 80 minutos
Calendario: De xaneiro a xuño de 2012

Toda a información na web Museolugo.org

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*