Na redución de residuos urbanos… Boas Prácticas!

Coa colaboración de Sogama achegámosvos unha nova peza didáctica sobre o medio ambiente.

Pica sobre a imaxe para ampliala e navegala. Ao pasar o punteiro sobre a páxina verás destacadas as imaxes e palabras que inclúen ligazóns para ampliar información en internet:

Podedes descargar tamén as unidades anteriores para usalas ao voso criterio, desde as seguintes ligazóns:

Na aula dixital de Botóns

Co curso xa iniciado en Primaria e Secundaria, a nosa aula dixital trae desta volta un novo agasallo da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). Coa colaboración desta empresa pública, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, presentámosvos este segundo recurso didáctico adicado desta ao problema do lixo. A ficha pode navegarse directamente desde aquí ou descargarse de balde para usala en calquera outro dispositivo ou formato.

Esta é a terceira entrega dunha serie que comezou co inicio do curso, o pasado 12 de setembro, coa primeira entrega onde na que coñecemos ‘Os tres erres’. Cada quince días, estes e outros personaxes acompañarannos en Botóns para axudarnos a afondar en diversos temas de interese medioambiental: a problemática que representa na actualidade a elevada produción de lixo, as boas prácticas na redución da xeración de residuos urbanos, a separación de refugallos en orixe, a compostaxe doméstica, etc

2 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*