Lvcus Cultural

Arde Lucus - Lucus CulturalO 26 de maio as asociacións Trebas Galaicas e Xaquedrum estarán na praza do Castiñeiro dende as 17:00 ás 20:00 horas realizando actividades para nenos e maiores como obradoiros de madeira, de barro ou unha partida de xadrez xigante entre nenos romanos e galaicos.

O seguinte sábado, o día 2 de xuño, Tir Na Nog e Terra Copora realizaran actividades similares na praza de Augas Férreas.

O sábado 8 de xuño, as asociacións Caetra-Civitas realizarán na praza da Milagrosa actividades como desfiles militares romanos ou xogos de mesa.

Finalmente, o día domingo 9 de xuño, na praza das Fontiñas haberá actividades como lanzamento de aros, ferraduras ou carreira de sacos, levadas a cabo pola asociación Lucus Equites- Lugdunum.

Neste programa tamén se inclúe unha xornada de degustación de pan romano que terá lugar na Praza Maior durante todo o día do 16 de xuño.

Tamén se organizarán visitas culturais guiadas os días 2, 9 e 16 de xuño, dende as 11 da mañá, e formaranse grupos de ata 25 persoas para cada unha das visitas. No primeiro dos días será ás Termas Romanas e contará cun prazo de inscrición ata o 25 de maio. O día 9 de xuño a visita será polo Lugo Romano, visitando o máis destacado da cidade, o prazo de solicitude de praza remata o día 1 de xuño. Finalmente o día 16 haberá unha visita guiada á Domus do Mitreo. Os grupos de visita completaranse por orde de inscrición que se poderá facer a través do teléfono 010.

Guieiro completo (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*