SPQR, unha visión nova da historia da antiga Roma

Sobre a nova obra da historiadora Mary Beard.

A través do artigo ‘Están tolos estes romanos?’, de Pablo Francescutti na Axencia SINC, coñecemos da publicación dun apaixonante libro de diviulgación histórica da autoría de Mary Beard.

Cóntannos que a tarefa realizada pola autora é formidable pola súa capacidade de síntese e a calidade da súa escritura amena, coloquial por veces e sempre rigorosa. Agradécense os mapas e as ilustracións, e a bibliografía intelixentemente comentada. En definitiva: unha lectura apaixonante, un xenuíno modelo de divulgación histórica.

Por que Roma?

Porque Roma, unha insignificante aldea no medio dun territorio lamacento, chegou a crear un imperio tan impoñente? Os romanos atribuíano a un destino decidido polos deuses. A historiadora británica, en cambio, parte de que eses latinos empolicados nos seus outeiros non eran tipos máis belicosos que os demais europeos e ofrece unha explicación máis complexa, que toma en conta a pura sorte e unha serie de intelixentes decisións puntuais; por exemplo, a incorporación ao servizo militar dos pobos conquistados, garantía dun fluxo de tropas sen parangón. Ou sexa: na súa expansión houbo máis improvisación que planificación.

mary-beard-romaRoma foi pioneira en establecer o voto secreto para evitar coaccións

Tamén foi pioneira en establecer o deber legal do Estado de alimentar os seus súbditos en apuros (unha iniciativa revolucionaria en tempos de sátrapas consagrados a espremeren os seus sometidos ata a última pinga)

Pero sobre todo distinguiuse por unha noción de cidadanía extensible a estranxeiros e ex-esclavos, á que San Pablo lle debe ter sido decapitado no canto da crucifixión reservada aos foráneos… Nesta norma, que rompía o estreito dereito civil da Antigüidade, Beard ve o instrumento que lle permitiu á metrópole integrar individuos de calquera orixe xeográfica ou social.

En contraste, cótanos que a súa democracia fundábase nun sistema censitario en virtude do cal os sufraxios dos ricos contaban máis que os dos pobres.

E que a outra cara deses magníficos monumentos, o dereito romano e a retórica xurídica, era a ausencia de policía e un aparello xudicial limitado aos poderosos, que abandonaba o resto da sociedade á lei da selva.

“Os romanos fan un deserto e chámanlle paz”

Nas súas conquistas os romanos mostráronse brutais e a miúdo xenocidas. A columna de Marco Aurelio, o precursor da autoaxuda a quen temos por un estoico estadista, celebra a execución masiva dos seus cautivos xermanos.

Os pecios rescatados do Mediterráneo cóntannos que o Mare Nostrum foi o escenario dun intenso tráfico de seres humanos reducidos á escravitude polas hostes do imperio. Pero enseguida advertimos que os primeiros críticos do imperialismo foron os seus propios cidadáns, como Tácito, a quen debemos a frase “os romanos fan un deserto e chámanlle paz”, tan falado que, conta Francescutti, “aínda se facían eco dela, moitos séculos máis tarde, os muros da miña facultade en Arxentina, en alusión á paz pregoada pola ditadura militar”.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*